Campelo volverá ser a capital da ameixa os días 17 e 18 de setembro
Por Redacción
A parroquia de Campelo, en Poio, volverá ser durante dúas xornadas capital galega da ameixa. A XXIX Festa da Ameixa chegará os días 17 e 18 de setembro á praza da Granxa.
A Concellería de Turismo do Concello de Poio presentou este xoves o evento gastronómico, que será o encargado de pechar o verán no municipio e servirá, como nas anteriores edicións, ameixas da Ría de Pontevedra.
Nestes dous últimos anos a Festa da Ameixa tivo que cambiar de datas a súa habitual celeración no mes de xullo polo peche da ría ao marisqueo, debido á toxina presente na auga. É xa o segundo ano consecutivo que se celebra no mes de setembro e aspira a repetir éxito. Na anterior edición vendéronse máis de 500 kilos de ameixa babosa.
Este ano a Festa da Ameixa contará cunha programación especial na que adquirirán protagonismo as 18 mulleres mariscadoras do municipio que se xubilaron o pasado ano e que serán homenaxeadas o sábado a partir das 19.00 horas.
Ademais, haberá folclore galego e actuacións musicais nas noites da fin de semana e a festa disporá dunha carpa gastronómica situada na Praza da Granxa na que se poderá degustar a ameixa da ría cociñada de diferente maneira en tres pratos (á mariñeira, con fideos e con fabas).
Relacionadas:
-
Ameixa 'por doquier' en Campelo
Por Cristina Saiz |
-
O PP de Poio critica a falta de apoio do Concello á Festa da Ameixa de Campelo
Por Redacción |
-
A Festa da Ameixa mantén "prezos populares" na súa XXIX edición
Por Diego Espiño |
-
A toxina apraza a Festa da Ameixa de Campelo para setembro
Por Redacción |
-
A Festa da Ameixa de Campelo volve a xullo e a Festa do Mar chegará en agosto
Por Redacción |