A Festa da Ameixa mantén "prezos populares" na súa XXIX edición
Por Diego Espiño
Campelo prepárase xa para ser escenario, o sábado 17 e o domingo 18, da XXIX Festa da Ameixa, que pasa por ser "a primeira festa gastronómica do noso Concello", sinalou o alcalde na súa presentación.
Acompañou a Luciano Sobral na presentación do evento o concelleiro de Turismo, Xosé Luís Martínez, quen explicou que se encargaron 500 quilos de ameixa babosa da ría de Pontevedra, comprados directamente aos mariscadores a través da lonxa de Campelo.
"É un produto do que vive moita xente do noso concello", lembrou o edil ante a importancia dunha festa que xa avanza "cambios importantes" para 2017, coincidindo coa súa trixésima edición.
A Praza da Granxa acollerá a carpa de degustación, aberta desde as 12:30 horas pola mañá e 19:00 pola tarde.
Por outra banda mantéñense os "prezos populares" de pasadas edicións, fixados en 8 euros para as ameixas á mariñeira e 6 para os pratos de fideos e fabas con ameixas.
A festa cumprirá ademais coa tradición de entregar un obsequio aos mariscadores das tres confrarías da ría que se xubilan. Farao nesta ocasión o sábado ás 19:30 horas nun acto no que serán homenaxeadas 18 mariscadoras.
Relacionadas:
-
A Festa da Ameixa supera todas as previsións
Por Redacción |
-
Ameixa 'por doquier' en Campelo
Por Cristina Saiz |
-
O PP de Poio critica a falta de apoio do Concello á Festa da Ameixa de Campelo
Por Redacción |
-
Campelo volverá ser a capital da ameixa os días 17 e 18 de setembro
Por Redacción |
-
A toxina apraza a Festa da Ameixa de Campelo para setembro
Por Redacción |