Traballo feito. Os gardiñas portugueses deixan Sanxenxo e volven á súa casa
Por Oskar Viéitez
O tenente coronel xefe de operacións da Comandancia da Garda Civil despediu este mércores aos dous últimos axentes da Garda Nacional Republicana (GNR) portuguesa que participaron durante os meses de xullo e agosto no Plan de Turismo Seguro na provincia de Pontevedra.
Nun sinxelo acto que tivo lugar na sede da Comandancia, o tenente coronel Touceda agradeceu aos "guardiñas" a súa "exemplar achega e profesionalidade".
Destacou que os axentes lusos "integráronse perfectamente" nas patrullas mixtas coa Garda Civil nos Postos Principais de Baiona e Sanxenxo.