A Brilat volve esta semana ao monte por décimo ano consecutivo para unirse á campaña de prevención de incendios
Por Redacción
Desde a devastadora vaga de incendios do ano 2006 a Brilat non faltou nunca á súa cita coa prevención de incendios e este ano non será distinto. O venres 15 de xullo poñerá de novo en marcha a operación Centinela Gallego e unirase aos medios de prevención de lumes forestais da Xunta de Galicia.
A operación Centinela Gallego púxose en marcha no verán de 2007, cos incendios do ano anterior aínda moi presentes e para axudar a previr que non se repetisen, de modo que este 2016 cumprirá o seu décimo aniversario de cita cos montes galegos. Entre o 15 de xullo e o 15 de setembro despregaranse polo territorio para facer tarefas de vixilancia e prevención.
A operación integra tanto a militares da Brilat como do Terzo Norte de Infantería de Mariña. En total, a participación das Forzas Armadas, no seu nivel inicial, será de 25 patrullas, podendo aumentarse devandito número en función do nivel de esforzo. Desas 25 iniciais, 20 serán da Brigada de Figueirido e cinco do Terzo Norte, con sede en Ferrol.
Centinela Gallego é froito dun convenio marco de colaboración subscrito entre o Ministerio de Defensa e a Xunta de Galicia que este ano, como xa é habitual, designou ao xeral xefe da Brigada, Luís Cebrián Carbonell, para exercer o control das forzas militares participantes na operación.
Este xoves 14 de xullo daranse a coñecer os detalles do dispositivo nun acto na base General Moirllo da Brigada de Infantería Galicia VII en Figueirido ao que acudirán a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto, e, como anfitrión, o xeneral de Brigada Luís Cebrian Carbonell. Presenciarán a saída das patrullas da Brilat.
Relacionadas:
-
Alerta temperá da Brilat sobre 22 incendios ou conatos en dúas semanas
Por Redacción |
-
Vinte patrullas da Brilat xa vixían os montes galegos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Xunta e Defensa reeditan a operación "Centinela Gallego" para a prevención de incendios forestais
Por Oskar Viéitez |
-
A Operación Centinela Galego conclúe con incremento do número de avisos sobre incendios
Por Redacción |
-
260.000 quilómetros vixiando o monte para loitar contra os incendios
Por Natalia Puga |
-
A Brilat desprega drons na loita contra os incendios
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |