O PSOE quere crear a figura de Iniciativas Empresarias de Interese Municipal
Por Redacción
O grupo municipal socialista entende que a reactivación económica do Concello de Pontevedra ten que ser un eixo fundamental para o goberno e, en especial, para o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores. Segundo sinala Agustín Fernández, está a instalarse a percepción de que a cidade e o seu alcalde están paralizados e "iso non é bo". Ante esta situación o PSOE quere crear a figura da Iniciativa Empresarial de Interese Municipal (IEIM),
Trátase, segundo os socialistas, dunha figura que xa existe noutros concellos e céntrase na idea de que é necesario definir o futuro para determinar as actividades económicas que se deben potenciar.
A creación das IEIM, segundo afirma Agustín Fernández, permitiría establecer bonificacións fiscais e un régime de axudas que incentivarían a consolidación de proxectos empresariais.
Fernández reclama a Lores que lidere esta iniciativa convocando os axentes sociais e empresariais para definir a planificación estratéxica a medio e longo prazo.