16 mozos con discapacidade intelectual visitan Pontevedra nunha etapa do Camiño
Por Redacción
Un grupo de 16 mozos con síndrome de Down e con outras discapacidades intelectuais pasaron a xornada do domingo en Pontevedra con aloxamento no albergue de peregrinos. Proceden de Madrid e desde o 1 de xullo realizan o Camiño de Santiago desde Tui. Trátase dunha iniciativa organizada pola Fundación Síndrome de Down de Madrid baixo o lema 'Un camiño por ti mesmo'.
Estes peregrinos realizan a viaxe acompañados por seis monitores que os apoian e asesoran durante os 122 quilómetros que separan Tui de Santiago de Compostela.
A viaxe está dividido en oito etapas e teñen previsto chegar á Praza do Obradoiro o vindeiro 9 de xullo. A travesía pode seguirse diariamente a través do blog