A ruptura do pacto entre o PSOE e o BNG en Lugo non afectará a Pontevedra
Por Alejandro Espiño
O goberno bipartito na Deputación de Pontevedra funciona "francamente ben", segundo César Mosquera, polo que o acordo entre o PSOE e o BNG non corre risco algún, a pesar da ruptura do pacto en Lugo. Así o reiterou en varias ocasións o vicepresidente da institución provincial, a preguntas dos xornalistas.
O sucedido na deputacións lucense, reiterou, "non ten reflexo en Pontevedra" porque Mosquera asegurou que "temos unha dinámica propia" e non existe "ningún problema" no funcionamento do pacto de goberno.
O dirixente do BNG recoñeceu que as palabras de Bieito Lobeira, responsable de Organización dos nacionalistas, nas que aseguraba que se ían a revisar os pactos cos socialistas, puideron pecar de "falta de precisión ou ambigüidade".
César Mosquera sinalou que, en todo caso, revisaranse os pactos naqueles concellos onde "se teñen detectado problemas" para atallalos antes de que se produza unha ruptura como en Lugo.
No caso de Pontevedra "non hai nada que revisar" porque estas revisións do acordo asinado o pasado verán "son continuas", insistiu Mosquera.
O goberno que lideran el mesmo e Carmela Silva, dixo, funciona "moito mellor" que outros gobernos "monocor" do Partido Popular na deputación pontevedresa que tiñan "máis problemas no día a día dos que podemos ter aquí".
O PP PON EN DÚBIDA ESTA SINTONÍA
Desde o Partido Popular poñen en dúbida, en todo caso, esta sintonía entre PSOE e BNG.
"É normal que a señora Silva e o señor Mosquera se apuren en asegurar que a relación é extraordinaria, pero todos sabemos que un bipartito que funciona con gabinetes independentes e que levan meses xogando ao gato e o rato moi ben non pode estar funcionando", sinalou Nidia Arévalo.
Os populares reiteran que "nin a relación é tan boa de portas cara dentro, nin o BNG está tan cómodo como agora se apuran en dicir, cando todos sabemos que teñen a Abel Caballero supervisando cada unha das decisións que se toman en Pontevedra"".
Relacionadas:
-
"Algún erro cometeriamos, pero non se me ocorre ningún". Primeiro ano da nova Deputación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O "raca, raca, raca" da Deputación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Lores e Caballero escenifican un "diálogo permanente" entre Pontevedra e Vigo
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |