Alcaldes e cargos públicos de 11 cidades coreanas visitan Pontevedra
Por Redacción
Unha delegación de Corea do Sur integrada por 38 persoas, entre elas alcaldes e cargos públicos de once cidades coreanas, visitarán a cidade de Pontevedra este venres 24 de xuño para coñecer os detalles do seu modelo urbano.
Foron eles os que pediron o encontro despois de coñecer a Pontevedra na televisión do seu país. Quixeron aproveitar a súa viaxe a Vizela (Portugal) para asistir a asemblea xeral do Cittaslow International, un movemento mundial que defende a necesidade de ter un ritmo de vida tranquilo e cidades pensadas para garantir a calidade de vida das persoas.
A delegación coreana manterá un encontro de traballo co director xeral de Urbanismo, Xosé Manuel Tato e o intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle coa fin de coñecer como se constrúe unha cidade para as persoas, na que o tráfico queda reducida ao chamado tráfico de necesidade.
Ao encontro, que terá lugar na Casa da Luz a partir das 11.00 horas, sumarase o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
Despois da sesión de traballo, todos farán un percorrido polo centro da cidade para que os representantes das once cidades de Corea do Sur vexan como se levou a práctica o modelo urbano de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Lores convértese nun "heroe" para os alcaldes de Corea do Sur
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |
-
Santiago fíxase en Pontevedra para reducir o tráfico no centro da cidade
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, premiada en Hong Kong: Lores recolle un novo galardón ao modelo urbano
Por Alejandro Espiño |
-
De Lugo a Pontevedra para analizar o modelo urbano
Por Alejandro Espiño |