Un control de alcoholemia sorprende un home pilotando un ciclomotor roubado
Por Redacción
A Garda Civil do Destacamento de Tráfico de Pontevedra investiga ao condutor dun ciclomotor roubado que circulaba coa matrícula falsificada.
O ciclomotor foi interceptado nun control de alcoholemia que a Garda Civil de Tráfico estaba a realizar na zona de Alba, termo municipal de Pontevedra.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, cando os axentes inspeccionron o vehículo comprobaron que a placa de matrícula presentaba alteracións nos seus números e a través do número de bastidor verificaron a súa falsificación e que se trataba dun ciclomotor subtraído o pasado día 2 de de xuño en Meis.
Por todo iso os compoñentes do Grupo de Investigación do Subsector de Tráfico da Garda Civil procederon a investigar a P.L.M., veciño de Portas, polos delitos de roubo do ciclomotor e falsificación de placa de matrícula.
As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución de garda de Pontevedra, onde terá que presentarse o investigado cando para iso sexa requirido.
Relacionadas:
-
Unha noite de 400 test de alcoholemia e só un positivo
Por Natalia Puga | Creada e actualizada