Cotobade regresa aos anos 50 nunha animada Feira de Cuspedriños
Por Diego Torrado
San Xurxo de Sacos, en Cotobade, regresou este domingo unha vez máis a mediados do século XX, recreando o mercado gandeiro e agrícola que por aquel entón se celebraba na parroquia.
Agora a Feira de Cuspedriños, que con esta cumpriu a súa décima edición, complétase con postos de artesanía, roupa, oficios tradicionais e un xantar popular, todo iso aderezado de música tradicional como a que achegaron os grupos Os Trazantes de Tenorio, Os Afoutes e Os de Ningures.
Desde primeira hora da mañá a asistencia de público foi notable, para gozar das diferentes actividades programadas.
Un pase de moda tradicional ou unha concentración de coches antigos deu máis cor se cabe a un evento que se consolidou no calendario de celebracións populares da comarca.
Relacionadas:
-
Máis de 60 persoas recrearán a memoria da cidade do Lérez nun inédito espectáculo etnográfico
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Feira de Cuspedriños bateu o seu récord ao recibir a 4.000 persoas o domingo
Por Redacción |
-
Cotobade agarda este domingo 3.000 personas no décimo aniversario da Feira de Cuspedriños
Por Redacción |