O Concello pide aclaracións sobre a sentenza de Ence
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra acordou este luns presentar un "incidente de execución de sentenza" para que sexa un xuíz quen aclare o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o recurso ao plan de incidencia supramunicipal de Ence está cumprido ou non.
O viceportavoz do Goberno municipal, Agustín Fernández, explicou que a Xunta e a propia empresa interpretaron que coa publicación no Diario Oficial de Galicia do Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal de Ence executábase a decisión xudicial que esixe facer público o fallo así como a totalidade do proxecto.
Pola contra para o concello de Pontevedra a sentenza declara "nulo e ineficaz" o proxecto sectorial, denominado "Asentamento Industrial de Lourizán". Polo que, coa publicación no DOG "enmenda a ineficacia, mais a Xunta obvia unha parte da senteza que é a declaración de nulidade".
O Alto Tribunal galego terá que aclarar con este "incidente de execución" cal é a interpretación correcta e polo tanto quen ten razón.