A Xunta afirma que a sentenza do TSXG sobre Celulosas "non aporta nada"
Por Oskar Viéitez
Alfonso Rueda, presidente accidental do goberno galego, mentres o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, se atopa de viaxe en Brasil, referiuse á última sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que se anula o decreto da Xunta que en 2003 ditaminou a incidencia supramunicipal do proxecto para ampliar a pastera e pechar en Lourizán o ciclo de papel.
"A sentenza acaba de saír e agora mesmo estaba falando co conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández", quen lle confirmou que "a están vendo os servizos xurídicos da consellería", polo que demorou calquera resposta respecto diso ata que os técnicos teñan o fallo "moi ben estudado".
Mentres tanto, dixo Rueda, "non vai mos a tomar ningunha decisión".
Namentras Agustín Hernández adiantoulle que a sentenza do alto tribunal galego "non cambia nada, non aporta nada novo respecto de a sentenza do Tribunal Supremo que xa existía", afirmou.
Relacionadas:
-
O Concello pide aclaracións sobre a sentenza de Ence
Por Oskar Viéitez |
-
Cumpliuse a sentenza de ENCE?
Por Oskar Viéitez |
-
Pedirán no Parlamento que ENCE marche "si ou si" da Ría de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Xornada de folga en Celulosas
Por Oskar Viéitez |
-
"ENCE queda agora absolutamente en precario"
Por Oskar Viéitez |