"It is the Galician's dancing"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
"It is the Galician's dancing", explicaba unha turista á súa compañeira mentres se afanaba en sacar fotos.
A muiñeira, o baile dos galegos, xunto ao seu traxe tradicional tomaron este venres a cidade de Pontevedra dando cita a grupos de toda a comarca reunidos ao redor desta clásica exaltación folclórica.
O evento arrincou ás 20 horas na praza do Teucro e seguiu cun pasarrúas por Princesa, Isabel II, Sarmiento, praza de Méndez Núñez, Don Gonzalo, Curros Enríquez, Fernández Villaverde e Michelena.
Xa na avenida de Montero Ríos comezou a demostración dos grupos participantes.
Os bailaríns interpretaron distintas danzas en función das súas idades: os menores de 8 anos a Muiñeira Mariñán, a de Fozara os que teñen entre 8 e 13 anos e a de Mandiá os maiores de 13.
Relacionadas:
-
A muiñeira volverá soar por toda Pontevedra o próximo 2 de xuño
Por Redacción |
-
Máis de 400 bailadores participarán na 45 edición do Día da Muiñeira
Por Anxo Lourido |
-
A tradición da muiñeira une a 600 bailadores na avenida de Montero Ríos
Por Daniel Santomé |
-
Aturuxos na Alameda ao ritmo da muiñeira
Por Redacción |