Rueda reúne en Moraña ante Pablo Casado o 'poder municipal' do PP: "Aquí está nuestra fuerza"
Por Alejandro Espiño
"Aquí está representada la fuerza del PP". Estas palabras, pronunciadas pola ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, resumen o espírito co que o PP de Pontevedra organizou este sábado a súa primeira convención de concelleiros.
Ante os 392 edís que os populares teñen na provincia, que acudiron a esta cita celebrada no Pazo da Toxeiriña (Moraña), o partido dá por comezado un importante período electoral no que os pontevedreses teremos dobre cita coas urnas: as eleccións xerais do 26-X e os comicios autonómicos do próximo outono.
Para ambas as contendas, o PP confía no seu poder municipal. "Esta é a xente que necesitamos, a fiel infantería que gaña batallas", asegurou na súa intervención o presidente provincial dos populares, Alfonso Rueda, facendo alusión á celebración do Día das Forzas Armadas.
Rueda, como anfitrión desta convención, instou ao PP a "recoñecer o traballo dos concelleiros" para a boa marcha do partido, porque grazas a eles "estamos en todas partes".
"Nuestra mejor escuela es la de los concellos, el lugar más cercano para los ciudadanos y el lugar donde más sensibilidad hay que tener para resolver los problemas de la gente", engadiu Ana Pastor.
Co traballo dos case 400 concelleiros que teñen os populares nos 62 concellos da provincia, sinalou o presidente do PP de Pontevedra, "volvemos estar preparados e dispostos" para as eleccións, aínda que "cun pouco máis de moral e motivación" que en meses anteriores, "para saír a gañar, convencer e gobernar".
Este simbólico acto contou cun padriño de excepción, o vicesecretario de Comunicación do PP a nivel nacional, Pablo Casado, un dos homes fortes do partido e que, segundo Rueda, "representa todo o que nos fai sentirnos orgullosos". Cara a el dirixíronse todas as miradas e foron moitos os que aproveitaron para saudalo ou sacarse unha foto con el, demostrando o bo cartel que ten actualmente entre os populares.
CANDIDATOS AO CONGRESO E AO SENADO
Este acto do PP en Moraña serviu tamén para presentar aos candidatos que os populares presentarán nas listas ao Congreso e ao Senado pola provincia de Pontevedra nas próximas eleccións do 26-X.
Ana Pastor volverá encabezar a candidatura do PP á Cámara Baixa, "una de las mejores personas del partido" segundo destacou Pablo Casado, para o que xunto co resto dos seus compañeiros forman un "equipazo" baixo a "buena batuta" de Alfonso Rueda, recentemente elixido como presidente dos populares pontevedreses.
Casado destacou como o "impulso" de Rajoy e Núñez Feijóo en temas que "son los que nos importan" permitiu, dixo, que 16.000 pontevedreses atopasen emprego nos últimos anos ou que a industria se vaia recuperando da crise, contando "por fin" cun sector naval "competitivo", que Galicia sexa unha referencia téxtil en todo o mundo ou que Citröen vaia a construír en Vigo un novo modelo de coche.
"Mientras en otros países hay deslocalizaciones a Galicia vienen nuevas inversiones porque somos competitivos y apostamos por el empleo", sinalou o dirixente popular.
PRIMARIAS DO PSOE EN GALICIA
Nesta convención do PP tamén se falou moito das primarias que celebra este sábado o PSdeG-PSOE para elixir o seu candidato para as eleccións galegas de outono.
Así, Pablo Casado comparou este proceso interno no PSOE galego "con lo de Aquí no hay quien viva", a coñecida serie de televisión, ao lembrar as pelexas internas polo control do partido, mesmo "entre un sobrino que se lleva mal con el tío", en referencia á mala relación existente entre Abel Caballero -que apoia a Méndez Romeu- e o seu sobriño Gonzalo Caballero, que integrou a súa candidatura coa de Xaquín Fernández Leiceaga.
Trátase, en todo caso, dun intento de buscar un "pacto de perdedores" cunhas Mareas que, dixo Casado, "no pintan nada en Madrid". Tanto que chegou a afirmar que "el PSOE de Galicia con las Mareas y con lo que queda de Beiras es igual a nada" e que fronte a eles a única alternativa é a que ofrece o PP de Mariano Rajoy e Núñez Feijóo.