O mal tempo auga os plans de Entroido de Marín, Poio e Sanxenxo
Por Redacción
"Suspendemos entroido de Poio. Queda para o sábado 16". Con esta mensaxe enviada aos medios de comunicación para que se fagan eco da noticia e detalles sobre a nova convocatoria anunciaba na mañá deste domingo o Concello de Poio que o mal tempo e a chuvia teñen augado os plans do carnaval no municipio.
Se é o caso, para a tarde deste domingo estaba previsto un desfile entre a praza da Granxa e o Mosteiro e, a continuación, a actuación do grupo Jerusalén, a entrega de premios e un anuncio moi esperado: o disfrace do Galo Fodorico. Todos os plans se tiveron que suspender. O motivo? Unha alerta meteorolóxica.
Este domingo chegou ás costas galegas unha fronte fría con precipitacións de chuvia, descenso das temperaturas e vento forte no litoral e a Xunta de Galicia puxo en estado de alerta laranxa varias zonas do litoral galego onde está prevista unha situación de temporal que se estenderá o luns a toda a comunidade.
As precipitacións e vento xeneralizados motivou que Poio non quede só na medida tomada por precaución de suspender os actos carnavalescos. Marín e Sanxenxo tamén suspenderon desfíleos que tiñan previstos a partir das 17.00 horas deste domiingo, dende a avenida de Ourense marinense e a avenida Luis Rocafort sanxenxina. Nestes dous municipios, a convocatoria pospúxose ata o mércores 13 de febreiro.
Debido ás condicións metereolóxicas queda aplazado o desfile infantil no @concello_sxx . Data posible: mércores 13 de Febreiro. #Sanxenxo
Paz Lago Martínez (@PazLagoM) 10 de febrero de 2013
No caso de Marín, tan só mantiveron a lectura do pregón. Estaba previsto para as 13.15 horas na Alameda e finalmente o humorista Isi desafiou ao mal tempo e leuno de todos os xeitos, pero no interior da Casa Consistorial.