Sanxenxo apraza o desfile de Entroido polo mal tempo
Por Oskar Viéitez
De novo o mal tempo obrigou ao Concello de Sanxenxo a cancelar o Desfile de Entroido previsto para o domingo.
"Debido ao mal tempo suspéndese o desfile de Entroidoque ía percorrer as rúas de Sanxenxo e Portonovo", di o comunicado emitido desde a concellería de cultura que apunta que a cita "queda aprazada para o vindeiro domingo 24 coa mesma programación".
"Pedimos desculpas por este adiamento pero o tempo non nos ía a permitir gozar deste desfile de Carnaval", termina esta comunicación oficial.
Os grupos e comparsas de toda a provincia terán que anotar esta nova cita nas rúas de Sanxenxo para concursar no tradicional desfile de carrozas. O programa previsto sinalaba que os participantes sairán ás catro e media da tarde da avenida Rocafort e chegarán ata Portonovo. O Concello repartirá 9.000 euros en premios.