A Deputación aspira a que este ano 35 establecementos máis teñan 'Compromiso de calidade turística'
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra aspira a que un mínimo de 35 novos establecemento da provincia poidan contar este ano co 'Compromiso de calidade turística' (SICTED) que concede Turespaña e que acredita a súa calidade.
Así o indica a presidenta da Deputación, Carmela Silva, a través dun comunicado no que informa que a Xunta de Goberno da institución aprobou a licitación do servizo de implantación do SICTED para o presente ano por valor de 56.567,5 euros. O adxudicatario do concurso público deberá manter o servizo de implantación, formación, consolidación e continuidade do proxecto.
O obxectivo mínimo é acadar que ao longo de 2016 alo menos 35 empresas acaden a máxima distinción de calidade turística, que se sumarían ás 224 que xa o teñen. Carmela Silva destacou que dende 2011 a Deputación de Pontevedra vén apostando por este distintivo, posibilitando que esas 224 empresas da provincia conten coa formación, implantación dos estándares de calidade e co seguimento destes cinco anos para manter esta marca.
O distintivo baséase en formar ao persoal e dotar de ferramentas aos establecementos turísticos para unha mellora continua das propias empresas na cultura da xestión da calidade. Deste xeito lógrase unha homoxeneización dos parámetros de todos os establecementos turísticos do país que gozan da distinción do 'Compromiso de Calidade Turístico'.
Para Carmela Silva é moi importante que o sector turístico da nosa provincia se poida dotar de ferramentas que garantan a súa calidade dado que é un dos sectores económicos "cunha maior incidencia en Pontevedra e no seu tecido socioeconómico".
Relacionadas:
-
Sanxenxo acolle o acto de entrega dos recoñecementos Q de Calidade Turística Galicia 2015
Por Redacción |
-
Un total de 43 empresas de Sanxenxo recibirán os diplomas e distintivos de calidade
Por Redacción |
-
Sanxenxo, premio ao mellor destino turístico Sicted 2015 de España
Por Redacción |
-
As Rías Baixas presumen da calidade da súa oferta turística
Por Redacción |