Os sanxenxinos doan 1,2 toneladas de comida ao Banco de Alimentos
Por Redacción
A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recolleu máis de 1.200 quilos de comida non perecedoira procedentes da Operación Quilo desenvolvida esta fin de semana en Sanxenxo.
A cita solidaria na que participaron voluntarios da ONG durante o venres e o sábado, 6 e 7, traduciuse nuns 1.200 quilos de alimentos recibidos en Carrefour Market Sanxenxo.
Desde o Banco de Alimentos agradécese publicamente a xenerosidade demostrada pola cidadanía e, tamén, a implicación da cadea de hipermercados por permitir a doazón de comida básica como leite, galletas, cacao ou aceite, os produtos básicos máis necesarios.
Esta doazón servirá para fornecer o almacén de alimentos tanto na nave de San Pedro de Sárdoma (Vigo) como no almacén de Faustino Santalices (Pontevedra), cos que chega a unhas 25.000 persoas con dificultades na provincia.
A entidade repartiu en 2015 preto de 1,7 millóns de quilos de comida (1.688.000 quilos), o que representa un 30% máis que en 2014, cando foron máis de 1,3 millóns de quilos (1.345.520 quilos) os entregados aos 150 colectivos sociais da provincia aos que axuda.
Relacionadas:
-
O Banco de Alimentos xunta 10.000 quilos de comida nunha nova recollida solidaria
Por Redacción |
-
Pontevedra e Sanxenxo recollen 4.500 quilos de comida na Operación Quilo
Por Redacción |
-
O Banco de Alimentos recolle 18.600 quilos de comida na Operación Quilo
Por Redacción |
-
O Banco de Alimentos recolle 3,6 toneladas na primeira Operación Quilo de Pontevedra e Vilagarcía
Por Redacción |
-
50 voluntarios colaboran na primeira Operación Quilo do Banco de Alimentos en 2016
Por Redacción |