50 voluntarios colaboran na primeira Operación Quilo do Banco de Alimentos en 2016
Por Redacción
A Fundación da provincia do Banco de Alimentos poñerá en marcha durante esta fin de semana a medio centenar de voluntarios en Pontevedra e en Vilagarcía para levar a cabo a primeira Operación Quilo do ano nestas zonas das Rías Baixas.
A recollida comezará este venres 1 e continuará durante o sábado 2, a través de dous supermercados en Pontevedra, en Cobián Areal, e en Vilagarcía, na praza Xoán XXIII.
Segundo expón esta organización solidaria, grazas ás Operacións Quilo realizadas ao longo de 2015, a Fundación logrou 84.300 quilos de comida non perecedoira en toda a provincia. Os alimentos máis demandados seguen sendo o leite, galletas, cacao, aceite e conservas vexetais de todo tipo como lentellas ou garavanzos.
Durante a Gran Recollida Solidaria, que se celebrou o 27 e o 28 de novembro, obtivéronse 80.000 quilos procedentes de Pontevedra capital, Vilagarcía, Sanxenxo, Marín e Lalín.
Ao redor de 25 colectivos sociais reciben mensualmente alimentos para distribuír a preto de 2.700 persoas con dificultades, residentes en Marín, Poio, Caldas, Sanxenxo, Vilagarcía ou Ponte Caldelas.