Factoría Naval segue a dar pasos positivos
Por Redacción
Na marea da mañá varou na vía 2 de Factoria Naval de Marin o carguero frigorífico Izar Argia de Naviera Galdar, logro do Departamento Comercial da empresa.
ÿ un mercante frigorífico de 110 metros de eslora e 13,60 metros de manga.
O buque ven para pasar os labores periódicos de mantemento esixidas tanto pola Administración Marítima española, bandeira que enarbola o barco, como pola Sociedade de Clasificación.
Os labores de mantemento e aquelas de reparación que sexan necesarias teñen unha duración prevista entre dúas e tres semanas aproximadamente.