Abren o prazo para optar a nove postos de socorrista en Bueu
Por Redacción
O Concello de Bueu abre este martes 3 o prazo para a solicitude de contratación de nove socorristas para a tempada de verán nas praias do municipio. O prazo para presentar a solicitude será de 5 días hábiles.
Para participar, os aspirantes terán que presentar asinada unha instancia acompañada da documentación que se especifica nas bases que figuran na web municipal.
O proceso de selección constará de dúas probas. A primeira será de carácter obrigatorio e eliminatorio. Poñerase en marcha unha proba de aptitude física que combinará a carreira continua co nado libre. Desenvolverase nunha das praias do municipio de Bueu. A segunda proba consistirá nun exame de 20 preguntas tipo test sobre o temario que aparece na convocatoria. Trátase de temas centrados nas actuacións do socorrista ante unha actuación de emerxencia, prevención de accidentes acuáticos e ahogamientos.
A retribución será de 1.217 euros mensuais e o persoal contratado quedará sometido a un período de proba de 15 días.
Bueu tamén contratará a seis auxiliares de Policía Local para o verán. Nos próximos días publicarase a lista provisional de admitidos.