Marín e Bueu estudan coordinar os seus socorristas con Moaña e Cangas
Por Redacción
Os catro concellos que forman a comarca do Morrazo estudan a posibilidade de coordinar os seus respectivos servizos de salvamento e socorrismo, activos nas súas praias durante a época estival.
Así o desvelou o Concello de Marín, que informou dunha reunión que representantes dos municipios de Marín, Bueu, Moaña e Cangas mantiveron cos portavoces da asociación de socorristas profesionais do Morrazo (ASPOM).
Neste encontro, organizado con esta asociación, puxéronse as bases para abordar a problemática que se deu nos últimos anos nesta materia, de forma que esta vez se poida afrontar a nova tempada cunha maior previsión.
Os profesionais expuxeron aos concellos a posibilidade de que todos os socorristas do Morrazo teñan uniformes comúns e conten co mesmo equipamento nos postos e similares planes de cooperación.
Ademais, en canto ao acceso aos postos de traballo dispoñibles, entenden que o óptimo sería que os socorristas tivesen unha única proba de acceso que, en función dos puntos logrados e as preferencias persoais, lles permitise traballar en calquera dos catro concellos.
O Concello de Marín destacou que a resposta dos municipios do Morrazo foi moi positiva a todas estas formulacións.
Desde ASPOM móstranse tamén moi satisfeitos e agradecidos aos responsables dos concellos de Moaña, Bueu, Marin e Cangas por asistir a esta reunión, coa esperanza de que se poidan establecer as bases para mellorar os servizos de salvamento da comarca.
Relacionadas:
-
Marín terá desfibriladores nas súas praias
Por Redacción |
-
Os alumnos do curso de socorrismo continúan a súa formación en Marín e Vilagarcía
Por Oskar Viéitez |
-
Ao bo tempo socorristas nas praias de Marín... de probas
Por Redacción |
-
Marín e Bueu preparan 32 futuros socorristas para o verán
Por Antía Fernández Buján |
-
Sanxenxo aplaude a rectificación da Xunta do decreto dos socorristas
Por Redacción |
-
Os socorristas de Lapamán rescatan catro bañistas
Por Redacción |
-
Os socorristas das praias de Pontevedra volven o traballo
Por Diego Torrado |
-
Abren o prazo para optar a nove postos de socorrista en Bueu
Por Redacción |