Brutal malleira a dous cans en Bueu
Por Redacción
Hai ocasións nas que a crueldade humana alcanza límites insospeitados. É o caso que denunciou un particular nos últimos días ante a Garda Civil. Trátase dos brutais episodios de malos tratos que sufriron dous cans en Bueu.
Nos vídeos achegados na denuncia vese ao dono destes dous animais tratándoos cunha crueldade extrema, como sinala a propia Garda Civil. O home lanza aos cans polo aire e arróxaos contra o chan, golpeándoos con todo aquilo que acaba entre as súas mans. E todo iso, ante os aullidos de dor dos animais.
Os cans, un macho e unha femia, son da raza American Staffordshire.
Por estes feitos, o equipo do Seprona da Garda Civil de Cangas imputa a un mozo de 24 anos, veciño de Bueu, como presunto autor dun delito de malos tratos de animais domésticos.
Ademais, procedeuse á incautación dos dous animais, que foron depositados preventivamente a disposición dunha protectora de animais.
Os feitos investigados serán postos en coñecemento do Xulgado de Instrución de garda de Marín, sen prexuízo das denuncias administrativas que tamén se van a formular contra esta persoa ante a Consellería de Medio Ambiente por varias infraccións á normativa que regula a tenencia de animais potencialmente perigosos.
Así, o dono destes animais carecía de seguro obrigatorio de responsabilidade civil, presentaba irregularidades na cartilla sanitaria e non tiña inscrito un dos cans no rexistro municipal. A todo iso engádeselle os propios malos tratos dos animais, aos que segundo a Garda Civil causoulles numerosas lesións e unha gran dor.