O BNG de Marín pide partidas orzamentarias para o Centro Cultural, a Nave de Deportes Náuticos e o Pavillón de Seixo
Por Redacción
O grupo municipal de Marín do Bloque Nacionalista Galego presentará no próximo pleno unha emenda ao proxecto de orzamentos do goberno local para 2016.
A portavoz do BNG, Pilar Blanco, considera que "o goberno do PP aprobará este mércores un proxecto de orzamento elaborado con escurantismo e sen debate público".
Entre as propostas defendidas polos nacionalistas atópanse a petición de partidas orzamentarias para levar a cabo a construción do Centro Cultural de Marín, a Nave de Deportes Náuticos e o Pavillón de Seixo.
Ademais piden reducir o gasto corrente coa contratación pública de persoal destinado á realización de servizos básicos como a limpeza de praias, mantemento de xardíns ou atención dos pavillóns deportivos; o desenvolvemento do polígono urbanístico SUNC P4, que engloba terreos cedidos polo Ateneo Santa Cecilia para a construción dun centro cultural; e a reestruturación da "única vía legal única vía legal de axudas a entidades culturais que é a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva", sinalan.
Segundo os nacionalistas, o goberno local abusa de capítulos de gasto corrente como o destinado a susminitros ou a traballos realizados por empresas externas. "Este proxecto de orzamento pon en evidencia o incremento de gasto corrente desde que o goberna o PP en Marín. Así destínase un 49,83% do total orzamentado a este capítulo", denunciou Pilar Blanco.
Relacionadas:
-
O Concello de Marín reitera a súa intención de construír o pavillón no antigo campo de fútbol de Seixo
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas reclaman un polideportivo ao carón do colexio de Seixo
Por Redacción |
-
O goberno local de Marín presenta un orzamento que ascende 12,6 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |