O Concello de Marín reitera a súa intención de construír o pavillón no antigo campo de fútbol de Seixo
Por Oskar Viéitez
O equipo de goberno do Concello de Marín reiterou que cre que os terreos do antigo campo de fútbol de Seixo son "a única posible nun curto espazo de tempo" para construír o pavillón deportivo.
Ademais de esgrimir razóns de tipo urbanístico, o goberno da alcadesa María Ramallo, considera "máis efectivo" este emprazamento, porque concentrará un maior uso.
Recentemente a actual Xunta Directiva da Sociedade recreativa e cultural de Seixo reuniuse coa alcaldesa e varios concelleiros do seu equipo para trasladarlle a súa inicial oposición aos plans municipais. Agora o concello espera recibir unha resposta positiva por parte do club para poder iniciar a contratación do proxecto do pavillón.
CENTRO DE INTERPRETACIÓN DOS PETRÓGLIFOS DE MOGOR
Ademais, o Concello de Marín está a facer labores de mantemento e conservación do Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor tratando as láminas de madeira da súa fachada e contorna.
A empresa Anta de Moura é a encargada de mostrar este centro de referencia a nivel internacional que permanece aberto desde o mes de xuño, con visitas guiadas e visitas nocturnas programadas que está a ter gran éxito.
Relacionadas:
-
A apañar silveiras para poder xogar ao fútbol en Seixo
Por Redacción |
-
O BNG de Marín pide partidas orzamentarias para o Centro Cultural, a Nave de Deportes Náuticos e o Pavillón de Seixo
Por Redacción |
-
Colectivos culturais e deportivos de Marín acordan medidas de presión para lograr instalacións dignas
Por Redacción |
-
Marín dá os primeiros pasos para dotar a Seixo dun pavillón de deportes
Por Redacción |
-
O BNG califica de "electoralista" a aposta do PP por un pabillón deportivo en Seixo
Por Redacción |