Máis de 7.000 persoas pasaron polo Concurso/Exposición da Camelia
Por Redacción
Satisfacción nos responsables do LII Concurso/Exposición Internacional da Camelia, celebrado esta fin de semana en Pontevedra, pola alta afluencia de público ao Recinto Feiral.
Segundo os cálculos da Deputación de Pontevedra, foron máis de 7.000 os visitantes que se achegaron á mostra 'Os sentidos da camelia', o que motivou mesmo que nalgún momento tivésese que limitar o acceso de público pola cantidade de persoas que se atopaban no interior do recinto.
Así o recoñece a deputada delegada da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Eva Villaverde, sinalando que "máis aló da enorme afluencia de público sei que esta fin de semana houbo xente que saíu da mostra preguntando onde mercar cremas, aceites, marmeladas ou plantas de camelia".
O feito de que a súa celebración coincidise co inicio da Semana Santa propiciou, segundo Villaverde, a presenza mesmo de público estranxeiro, principalmente chegado desde Portugal.
A deputada lembrou no seu balance da exposición que a intención da institución provincial é dar a coñecer todas as potencialidades económicas da camelia.
Relacionadas:
-
Un escaparate photocall na Michelena achega a camelia ao centro urbano
Por Almu Dapena & Victoria Regueira |
-
A camelia, protagonista en Vilagarcía no LIV Concurso Exposición Internacional
Por Redacción |
-
E a Camelia de Ouro é para...
Por Redacción |
-
A camelia reivindícase como "flor das Rías Baixas" no Recinto Feiral
Por Diego Espiño |
-
Camelias para comer, tocar, cheirar, mirar e escoitar
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |