E a Camelia de Ouro é para...
Por Redacción
A cultivadora cuntiense Manuela Couso foi galadornada este domingo co maior recoñecemento do LII Concurso/Exposición Internacional da Camelia celebrado en Pontevedra, a Camelia de Ouro.
O máximo galardón entrégase ao concursante que presenta o conxunto de variedades máis destacado en canto a número e calidade das flores. Manuela Couso, que leva máis de 20 anos cultivando camelias, ten unha colección de 900 variedades presentando a concurso un conxunto con máis dunha vintena delas, con talo grande e pequeno que incluía variedades de reticulata, xapónicas ou híbridas.
Pola súa banda, o gañador do Premio Antonio Odriozola foi Eusebio López Redondo, de Fene, ao presentar unha flor da especie Camellia Híbrida Nitidissima. Este premio outórgase á flor individual máis destacada.
Completaron a nómina de galardoados: premio especial da Sociedade Española da Camelia para Clara Abalo; premio á traxectoria para Carmen Salinero; á mellor presentación artística para Lelita Gradín; mellor lote de Camellia Reticulata para Rosa e Jaime Escofet; en híbridos de camelia para Leonor Magariños; en Camellia Xapónica Branca para Pilar Bargiela e Ana Calo; en Camellia Xapónica Vermella para Carmen Costas e Carlos Comendador; e noutras especies para Eusebio López e Carlos Comendador.
A entrega de premios, que foi conducida pola deputada delegada da Estación Fitopatolóxica de Areeiro Eva Vilaverde, contou cuns galardóns deseñados polos irmáns Cimadevila e inspirados nun cultivo galego, a Rosa de Ortel.
Relacionadas:
-
A camelia, protagonista en Vilagarcía no LIV Concurso Exposición Internacional
Por Redacción |
-
Nova cita para as camelias, esta vez en Sanxenxo
Por Elena Álvarez Quintá |
-
Máis de 7.000 persoas pasaron polo Concurso/Exposición da Camelia
Por Redacción |
-
A camelia reivindícase como "flor das Rías Baixas" no Recinto Feiral
Por Diego Espiño |
-
Camelias para comer, tocar, cheirar, mirar e escoitar
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |