Avanza a bo ritmo a limpeza das praias de Marín
Por Redacción
A Concellería de Medio Ambiente de Marín apura a posta a punto de todas as praias do municipio, así como do viario de praias e do arboledo que as circunda, para ter estas áreas recreativas dispostas para a chegada dos visitantes coa Semana Santa.
Unha empresa especializada está acometendo estes traballos que comezaron días atrás pola praia de Portocelo. Está prevista a reposición de sinais, de mobiliario urbano, a limpeza de muros de contención, noiros e grandes estruturas.
PRAZA DE PONTEPORTO
Estes días estase a acometer tamén as obras de reforma e acondicionamento da Praza de Ponteporto nunha primeira fase: Esta é unha demanda realizada polos veciños destas comunidades que sofren constantes humidades e filtracións nos garaxes e sotos.
A reforma ten orzamento de 56.738 euros.
Trátase de acometer nesta fase as obras de mantemento máis urxente que xeran graves problemas nesta praza pública que é utilizada por moitos veciños da contorna, estando neste momento xerándose danos nos garaxes de varias comunidades e no supermercado que está debaixo.
Relacionadas:
-
As praias de Marín, a punto
Por Redacción |
-
Sanxenxo prepárase para Semana Santa acondicionando novos aparcadoiros ante a espera de turistas
Por Redacción |
-
O Concello de Bueu contrata o balizamento das praias
Por Redacción |
-
Costas retoma os traballos de ampliación do paseo en Loira
Por Redacción |
-
Poio adecenta a ruta dos muíños de Samieira e o paseo entre as praias de Covelo e Laño
Por Redacción |
-
Marín prepara un novo plan de melloras dos camiños rurais
Por Oskar Viéitez |