Marín prepara un novo plan de melloras dos camiños rurais
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín ten prevista unha actuación "integral e conxunta" en distintos camiños nas parroquias atendendo ás necesidades existentes e peticións de asociacións e veciños.
Despois de ser ordenadas "en función das dispoñibilidades económicas", o equipo de goberno realizou xa a tramitación necesaria para proceder a esta mellora, que basicamente consiste no asfaltado de varios camiños nas distintas parroquias do rural.
Entre outros documentos, requiríronse permisos por parte da Demarcación de Estradas, de Augas de Galicia e de Patrimonio, ao estar próximos algúns destes viarios a elementos protexidos.
As obras do proxecto engloban a limpeza de beiravías, o aglomerado en quente incluíndo aplicación de rega de adherencia e formación de capa de rodaxe e o recrecido dos pozos de rexistro e arquetas.
Incluíronse neste proxecto os camiños de Malvido y A Teoria, en Ardán; A Cova, en Loira; Ameal, en O Campo; Castro, en Seixo; Raposeiras, en Mogor; Costa Landeira, Carballal, Arealonga y Viñas Blancas, en San Xulián e, finalmente, Pereiro, en Santomé.
O orzamento supera os 176.000 euros e aprobouse na pasada Xunta de Goberno Local o proxecto para a súa solicitude no Plan de Investimentos da Deputación.