Gonzalo Pita invita al Ministro de Turismo a conocer Sanxenxo
Por Redacción
A delegación de Sanxenxo viviu este mércores unha intensa xornada de traballo na Bolsa Internacional de Turismo (ITB) de Berlín. Desde o pavillón Europa e dentro da caseta de Turespaña, Galicia ten un espazo propio que a delegación de Sanxenxo está a utilizar para manter as diferentes reunións programadas con empresas alemás e a aquelas que se achegan para coñecer a oferta global da Comunidade Autónoma.
Precisamente para estas, Turismo de Sanxenxo concorreu a esta feira monográfica con material promocional elaborado especificamente para a ITB e en alemán.
A delegación comarcal está encabezada por Gonzalo Pita, quen ten delegadas as competencias en materia de Turismo da Mancomunidade do Salnés, cuxa oferta global tratará de promocionar nesta viaxe institucional á ITB. A súa primeira acción tivo lugar este mércores, nunha reunión informal que mantivo co ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, que se atopa en Berlín como parte da delegación institucional española na ITB.
Gonzalo Pita convidou o ministro a visitar Sanxenxo e coñecer con detalle a singularidade deste municipio, referente turístico a nivel estatal.
O alcalde de Sanxenxo, e representante da Mancomunidade en materia turística, destacou desta primeira xornada de traballo o interese local polo mercado alemán. “É moi importante para nós, xa que a nosa meta é desestacionalizar o turismo e os gustos do mercado alemán encaixan perfectamente nesta búsqueda ou liña de destino”, xa que os alemáns buscan sobre todo natureza, gastronomía, sendeirismo, patrimonio, cultura e enoloxía, “algo que encaixa perfectamente en Sanxenxo e do que podemos presumir e debemos promocionar”.
España é o terceiro destino elixido polo mercado alemán e Jesús Sueiro, concelleiro de Turismo desprazado tamén a Berlín, considera que Sanxenxo ten que aproveitar ese tirón. “Pouco a pouco temos que traballar nesa liña xa que a internacionalización é un reto pendiente, que non se consigue nun día senón que é un traballo constante para aumentar cuota de mercado alemán no noso destino”.
Durante a primeira xornada na ITB, Sanxenxo mantivo varias reunións con empresas xermanas entre as que cabe destacar a reunión Arrival Guides, especializada en grupos de alemáns de nivel adquisitivo medio-alto e con Reisebüro Marlies Buss, unha axenda programadora de Berlín que vende destinos de todo o mundo, pero máis enfocada a España e Lationamérica e especializada en turismo familiar para alemáns. Mostrouse especialmente interesada por Sanxenxo e sobre todo pola súa oferta hostaleira, que descoñecía e da que solicitou información.