Unha misión comercial de Sanxenxo sae á caza de turistas xermanos
Por Oskar Viéitez
Sanxenxo estará presente por segundo ano consecutivo na ITB, a feira de Turismo de Belín, que se desenvolverá na capital alemá do 8 ao 10 de marzo.
Na misión comercial que viaxará á capital alemá participará o edil de Turismo, Jesús Sueiro, xunto a representantes do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS) e outras empresas do sector.
Sanxenxo preparou xa unha axenda de reunións con operadores de turismo alemáns co obxecto de aproveitar ao máximo esta feira, na que o destino contará con material promocional en alemán, elaborado para acudir a este evento de marcado carácter profesional. Así pois, aos encontros con axencias de Berlín, Frankfurt e Múnic súmanse as reunións programadas con empresas especializadas na organización de viaxes.
A Ruta do Pai Sarmiento, ao seu paso polo municipio, será un dos produtos novos que Sanxenxo dará a coñecer en Berlín, tendo en conta que algunhas das axencias coas que xa se concertaron reunións están especializadas en turismo de natureza.
Alemaña, xunto a Reino Unido e Francia, é un dos principais mercados emisores de turistas, por iso é polo que Sanxenxo aposte de novo por unha acción promocional neste país. España é o destino líder para os alemáns, seguido de Turquía e Grecia.
Dentro dos produtos turísticos que escollen, optan por establecementos hostaleiros preto do 65% dos alemáns e a pesar de que domina o turismo de sol e praia, apréciase o crecente consumo doutros produtos.
Con todo, nas súas vacacións de sol e praia, realizan outras actividades como visitas culturais e históricas, natureza, gastronomía, actividades acuáticas, sendeirismo e ciclismo.
En definitiva, Alemaña é un dos mercados máis importantes do mundo para o turismo en España, mostra tendencia positiva, ten un sector profesional moi forte na operación de viaxes e pautas de consumo e na organización da viaxe diferenciais en relación a outros mercados, razóns polas que Sanxenxo opta pola promoción na ITB 2017.
Relacionadas:
-
A viceministra de Cultura rusa interésase pola oferta turística do Salnés
Por Redacción |
-
O Salnés, á caza do turista ruso
Por Redacción |
-
Sanxenxo presenta a súa ampla oferta turística a empresas alemás
Por Redacción |
-
Gonzalo Pita invita al Ministro de Turismo a conocer Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo e a Mancomunidade do Salnés venderanse como destino turístico en Berlín
Por Redacción |