Cubela pídelle aos veciños que cedan terreos para ensanchar a estrada Aguasantas-Laxoso
Por Redacción
O alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, reuniuse este mércores cos veciños da parroquia de Aguasantas para explicar os trámites nos que se atopa o proxecto de ensanche da estrada autonómica "unha prioridade clara en materia de infraestructuras".
Neste sentido, Cubela explicou que o trámite xa conta cun proxecto técnico de execución e que a Xunta mostrou a súa disposición a poder levar adiante a obra se os concellos polos que discorre o trazado, Cotobade e Ponte Caldelas, obteñen a cesión dos terreos e os poñen a disposición da Xunta.
"Se os alcaldes non damos facilidades e colaboramos, estaremos na cola das peticións", dixo Cubela.
O alcalde de Cotobade manifestou que próximamente indentificará os titulares das distintas parcelas e comezará a traballar nas negociacións necesarias para conseguir a obtención dos terreos.
A Comunidade de Montes, presidida por Nicasio Rivas, mostrou a súa dispoñibilidade a colaborar co Concello.
Relacionadas:
-
O PP de Ponte Caldelas acusa o alcalde de manipular aos veciños de Laxoso sobre a PO-234
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas critica a "tomadura de pelo" da Xunta ao presentar un plano de 1905 para falar da mellora da PO-234
Por Redacción |
-
Nace a plataforma de afectados pola PO-234 cun cento de persoas anotadas
Por Redacción |
-
Impulsan unha plataforma veciñal de afectados da estrada Ponte Caldelas-Laxoso-Augasantas
Por Redacción |
-
Ethel Vázquez supervisa en Cotobade varios proxectos de accesibilidade e seguridade viaria
Por Redacción |