Ordenan retirar os entullos e apuntalar o Pazo Mariño de Lobeira
Por Redacción
Os propietarios do Pazo Mariño de Lobeira terán que proceder a "retirada inminente" de todos os entullos que están a sobrecargar a estrutura do inmoble, así como á desmontaxe de todos os elementos non estruturales nin singulares da edificación e os apuntalamentos necesarios para o aseguramento do inmoble.
O servizo de Disciplina Urbanística do Concello de Pontevedra comunicoulle aos propietarios a orde despois de que o arquitecto xefe da Oficina Técnica de Licenzas e Inspección fixera un informe sobre o estado deste edificio singular da rúa César Boente.
O informe emitiuse só 24 horas despos de que a propiedade alertara do "grave risco de colapso" da edificación, adxuntado un informe técnico, e solicitara permiso para o desentullo de elementos xa derrubados e o apuntalamento de certos elementos estructurais.
A orde municipal subliña que a desmontaxe dos elementos estruturais e singulares que se atopen en mal estado deberá de someterse á autorización da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Pontevedra, previa documentación dos mesmos xa que se trata dun edificio catalogado e suxeto a protección do Peprica.
O informe técnico municipal recolle que parte da estrutura de madeira colapsou arrastrando parte da cuberta ao interior da edificación. Ademáis outra parte da estrutura de madeira presenta esgotamento da súa capacidade portante "ofrecendo perigo de colapso".
Coa finalidade de evitar o colapso xeneralizado os técnicos informaron favorablemente a retirada dos entullos que están a sobrecargar a estrutura existente, a desmontaxe dos elementos non estruturais nin singulares da edificación así como ao apuntalamento para asegurar o inmoble, debendo dar traslado de dita autorización á Consellería de Cultura pois deberá someterse á autorización da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Pontevedra previa labor de documentación dos mesmos.
Ademáis, a propiedade deberá adoptar as medidas necesarias que garantan o mantemento das características e dos elementos singulares do edificio, "non pudendo incluír máis derrubas das necesarias", coa obriga de reposición do ben ao seu estado primitivo.
Relacionadas:
-
Empezan a baleirar e apontoar o Pazo Mariño de Lobeira
Por Redacción |
-
Patrimonio autoriza a declaración de ruína "condicionada" do Pazo Mariño de Lobeira
Por Redacción |
-
Marea Pontevedra alerta dos "perigos" asociados ao estado de abandono dos edificios de César Boente
Por Redacción |
-
A rúa César Boente languidece entre as ruínas e a burocracia
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |