Proxectan prolongar a praza peonil do Hospital Provincial ata o cruzamento de Antón Fraguas
Por Diego Espiño
A intención do Concello de Pontevedra pasa por ampliar o próximo ano a praza peonil que se está habilitando estas semanas fronte ao Hospital Provincial, na rúa Loureiro Crespo.
Así o explicou o concelleiro de Obras, Luís Bará, nunha visita aos traballos da fase inicial e que segundo as previsións estarán concluídos en marzo.
A ampliación da praza faríase dentro do proxecto de reforma que se está elaborando para Loureiro Crespo, para levar a cabo o próximo ano.
"A nosa intención é que este mesmo tratamento se prolongue ata o cruce con Antón Fraguas, co cal teríamos o dobre de espazo co mesmo tratamento de prataforma única, prioridade peonil e con tráfico de servizos", sinalou o edil.
Bará sinalou que a idea do goberno local é "consultar coa veciñanza", pero recoñece que os técnicos municipais xa traballan no proxecto.
Relacionadas:
-
A integración do Hospital Provincial na nova praza de Loureiro Crespo, lista en novembro
Por Alejandro Espiño |
-
Os nenos, protagonistas na inauguración da praza do hospital
Por Elena Álvarez Quintá |
-
As obras da nova praza do Hospital conclúen este luns co asfaltado dos seus extremos
Por Redacción |
-
A final de mes inaugurarase a Praza do Hospital
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A espera cirúrxica máis baixa de Galicia, nos Hospitais de Pontevedra e o Salnés
Por Anxo Lourido |
-
A peonalización de Castelao e Cruz Gallástegui, prioridade para 2016
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello elixe lousas ecolóxicas para a nova praza diante do Hospital
Por Redacción |