Os danos por fenómenos meteorolóxicos teñen cobertura a través do seguro
Por Redacción
Os danos materiais e persoais que teñan a súa orixe nunha inundación, embate de mar, ou vento de refachos superiores a 120 km/hora, serán indemnizados polo Consorcio de Compensación de Seguros, sempre que se teña contratado un seguro que estea vixente e estea abonada a súa prima.
Segundo informou a Fundación Inade, Instituto Atlántico do Seguro, outro tipo de eventualidades como a falta de subministración eléctrica, danos en cámaras frigoríficas ou ventos inferiores a 120 quilómetros por hora, serán indemnizados polas entidades aseguradoras canto estes riscos estean contemplados nas pólizas subscritas.
Para a presentación de solicitudes de indemnización ante o Consorcio de Compensación de Seguros, a forma máis rápida e sinxela de tramitación é a vía telefónica (os teléfonos habilitados son 902 222 665 ó 952 367 042, en horario de 09:00 a 18:00 horas, de luns a venres) ou, se se dispón de certificado ou DNI electrónico, a presentación online a través da web do Consorcio: www.consorseguros.es.
En ambos os casos, unha vez realizada a comunicación, o Consorcio facilitará ao comunicante o número de rexistro que se asignou á súa solicitude (ese número recibirao tamén por correo electrónico ou SMS), e que deberá utilizar como identificativo para calquera información que precise ou consulta que desexe realizar posteriormente en relación coa mesma.