Gas Natural Fenosa culpa o temporal do corte de luz sufrido o sábado en Sanxenxo
Por Redacción
Gas Natural Fenosa culpou ao temporal do corte na subministración eléctrica sufrida o sábado en Sanxenxo.
A empresa achacou a "danos nunha liña" a orixe do corte que tivo lugar ás 22.35 horas e que deixou sen servizo a máis de oito mil clientes de Portonovo e gran parte do municipio de Sanxenxo.
Segundo a información facilitada por Unión Fenosa Distribución o servizo restableceuse aos 53 minutos para o 85 % dos abonados, e aos 77 minutos para o resto.
A compañía reiterou que para este exercicio hai previstas obras de desenvolvemento en redes de media e baixa tensión nos municipios de Sanxenxo, O Grove e Meaño para incrementar a fiabilidade da subministración eléctrica.
Ademais, aseguran que se desenvolverá un plan de inspección exhaustivo da rede de distribución da comarca do Salnés co obxectivo de minimizar posibles incidencias no futuro
No caso concreto de Sanxenxo está prevista a posta en servizo da liña de media tensión Arnelas- Estrada de Vigo, as liñas de media e baixa tensión en Lanzada Praia, as de Mourelos-Carballal e as de Carabuxeira. Ademais, está previsto realizar a posta en servizo de varias liñas as ligazóns da nova subestación situada no Polígono Industrial de Nantes, que xa está en servizo, segundo os prazos comprometidos, aínda que á espera das xestións de recepción do polígono para poder alimentar á comarca.
Relacionadas:
-
Fenosa cortará a luz con motivo dos traballos de reparación da subestación de Vilalonga
Por Oskar Viéitez |
-
Os danos por fenómenos meteorolóxicos teñen cobertura a través do seguro
Por Redacción |
-
Fenosa e a Xunta buscarán solucións para evitar cortes de luz no Salnés
Por Redacción |
-
A Xunta ofrece os servizos do Instituto Galego de Consumo aos afectados polo corte de luz do 1 de xaneiro
Por Redacción |
-
Os veciños de Sanxenxo, O Grove e Meaño recuperan a electricidade tras un inicio de ano a escuras
Por Redacción |
-
Unha avaría deixa sen luz 19.200 fogares de Sanxenxo, Meaño e O Grove
Por Redacción | Creada e actualizada