Os pais do ciclista atropelado no Pino recuperan a indemnización, atrapada nas preferentes
Por Natalia Puga
A familia Ríos Vázquez levou o 6 de agosto o "mayor disgusto" que poden vivir uns pais, a perda dun fillo. José Álberto Ríos Vázquez falecía no Nó do Pino atropelado por un camión. Dende entón, foron enfrontándose con sucesivos contratempos. Un dos máis inesperados chegou pouco despois de que a compañía aseguradora do camioneiro os indemnizara polo falecemento. Deulles 9.000 euros e decidiron poñelos nun déposito a prazo fixo porque "era el dinero de nuestro hijo", pero o infortunio converteunos en vítimas da comercialización de participacións preferentes.
Dende que descubriron que os cartos da morte do seu fillo estaban atrapados por Novacaixagalicia Banco uniron unha nova loita á que xa viñan enfrontando, recuperarse da perda de José Alberto. Non faltaron a ningunha concentración e acto de protesta organizados pola plataforma de afectados por preferentes o obligacións subordinadas de Pontevedra. Esta contenda durou nove meses e, finalmente, atopou unha saída. Acudiron á vía da arbitraxe e lograron recuperar os fondos.
A nova de que recuperarían os 9.000 euros chegoulles tan só uns días antes de que se viran as caras, por primeira vez, co responsable do falecemento do seu fillo, Víctor S.Q.S., no xuizo celebrado o 3 de outubro para diririmir as responsabilidades polo atropelo mortal. Cobraron un martes e ao mércores seguinte acudiron ao xulgado, onde levaron un novo varapau. O responsable da morte do seu fillo aceptou dous anos de cadea por homicidio imprudente, una "condena insuficiente" para eles.
A nai da vítima: "Estuvimos nueve meses luchando y, al final, el martes pasado cobramos"
Pouco despois de coñecer a decisión xudicial, aínda no corredor dos xulgados da Parda, confirmaron a PontevedraViva que foran vítimas das participacións preferentes. "Estuvimos nueve meses luchando y al final, el martes pasado cobramos, recuperamos hasta el último euro, no se quedaron con nada", relatou a nai, María Luisa Vázquez.
"Para nosotros fue un palo, estuvimos yendo a todas las manifestaciones, por nada del mundo ibamos a consentir que el dinero de mi hijo se lo llevasen las preferentes porque el dinero era de él", indicou.
No caso dos fondos da indemnización, o resultado da loita foi satisfactorio para esta familia veciña do centro de Pontevedra. Non poden dicir o mesmo do resultado do xuizo. A súa contrariedade é "absoluta" en relación coa escasa pena que recaiu sobre o camioneiro e, en especial, co feito de que o home eludirá entrar na cadea, pois non tiña antecedentes antes destes feitos e xa estivo máis de dous meses en prisión preventiva despois do atropelo.
Aínda non decidiron que facer cos cartos recuperados de Novacaixagalicia
Con esta condena faraselle máis duro remontar do pozo no que están sumidos. María Luisa Vázquez expricou a PontevedraViva que durante os primeiros meses posteriores á morte do seu fillo ela e o seu marido botaban case todo o día no camposanto de San Amaro, ao pe do panteón no que está enterrado. "El coche llega al lado del panteón, íbamos por la mañana, comíamos allí un bocadillo y seguíamos por la tarde". En los últimos tiempos ya comen en casa, si bien siguen visitando a su hijo cada mañana y cada tarde.
"Se lo contamos todo y ahora voy a contarle lo que pasó en el juicio", expricou a nai con bágoas nos ollos. Tamén lle contou no seu día que os cartos da indemnización quedaran atrapados nas preferentes. Con el consultaron onde meterían os cartos unha vez recuperados. Non queren gastalos porque "son de él" e queren que o día de mañá vaian parar aos seus netos, pero aínda non teñen decidido que facer con eles.
Relacionadas:
-
Condenan a dous anos de cadea ao camioneiro que atropelou un ciclista no Nó do Pino
Por Natalia Puga |
-
Senta no banco dos acusados o camioneiro que atropelou un ciclista no Nó do Pino
Por Redacción |
-
O camioneiro que atropelou e matou a un ciclista no Pino enfróntase a tres anos e medio de cadea
Por Natalia Puga |