Tino Fernández propón unha alternativa ao orzamento "tramposo" dun BNG con "discrepancias internas"
Por Natalia Puga
O goberno local do BNG "hasta ahora no ha mostrado mucho interés" en querer negociar a súa proposta de orzamento para 2016 cos grupos da oposición, pero, a pesar de todo, os seus antigos socios de goberno, os socialistas, decidiron ofrecerse para negociar e presentar a súa propia proposta alternativa de conta xeral. O seu portavoz, Agustín Fernández, presentou este sábado en rolda de prensa o seu propio orzamento e tendeu a man á negociación.
Tino Fernández cre que o borrador de orzamentos presentado polo BNG é "tramposo", pois "esconde cantidades" como medio millón de euros que non contabiliza do convenio asinado pola Deputación Provincial de Pontevedra ou 2,6 millóns dun crédito bancario ao que se fai alusión no documento, pero que "non se conceptúa".
O portavoz socialista critica que "es la primeira vez que sucede" nos últimos anos que o BNG non entregue toda a documentación con todo o orzamento debullado e interpreta que se debe a que dentro do propio BNG non se poñen de acordo por "discrepancias internas del grupo de gobierno" e porque ""el alcalde no está manejando a su grupo". Na súa opinión, "falta la persona que le ponía cabeza al grupo y ahora está en la Deputación", en alusión a César Mosquera.
"Falta la persona que le ponía cabeza al grupo y ahora está en la Deputación"
Fernández pide ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que "se deje de políticas de repercusión mediática y se centre en la elaboración del presupuesto", no que se ofrece a negociar e non establece liñas vermellas, pero si partidas que "son fundamentales" como crear as vías sanitarias libres de 'lombos', crear emprego, incluír partidas destinadas a axudar aos máis necesitados ou seguir na liña do anterior mandato en relació co turismo. Consideraría tamén importante non crear novas direccións xerais ou reducir as partidas destinadas a festas e ofrece un completo borrador alternativo onde mesmo mostra de onde se sacaría o diñeiro para os proxectos propostos.
De todos os xeitos, recoñece a posibilidade de que o BNG non empezase a negociar o borrador coa oposición porque "a lo mejor ya tiene 13 votos" ao lograr o apoio dalgún concelleiro en alusión á edil de Cidadáns (C's), María Rei. Co PSdeG-PSOE Si houbo "algunas conversaciones", pero "muy alejadas de algo que se pueda llamar negociación".
Relacionadas:
-
A división da oposición facilita o ditame favorable dos orzamentos municipais
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
O BNG, sen apoios aparentes para sacar adiante o orzamento municipal
Por Alejandro Espiño |
-
A tramitación dos orzamentos retómase tras o "imprevisto" causado por Aduanas
Por Redacción |
-
O goberno local trasladará á oposición un borrador do orzamento sen "liñas vermellas"
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra contará en 2016 cun orzamento que superará os 71 millóns de euros
Por Alejandro Espiño |