Telmo Martín dará ao goberno de Sanxenxo un "período de graza" ata despois do Nadal
Por Oskar Viéitez
"Un goberno sen experiencia coma este de Sanxenxo precisa de máis de 100 días de graza", comentou o portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Telmo Martín, antes de anunciar que a súa formación concederá ao cuadripartito unha tregua ata "despois do Nadal para que se adapten".
Segundo Telmo Martín a oposición adopta esta actitude de brazos caídos "porque senon despois son os cidadáns os que pagan as consecuencias".
Nun almorzo informativo o líder do Partido Popular de Sanxenxo criticou ao goberno de Gonzalo Pita porque "escúdase na falta de cartos e na inacción doutras administracións para explicar a súa falta de iniciativa".
Entre outras cuestións Telmo Martín cre que a "falta de liderado" por unha banda, e a "inexperiencia", por outra, están a "lastrar a xestión" do Concello de Sanxenxo.
Relacionadas:
-
O goberno local de Sanxenxo lembra a Telmo Martín que o PP tivo 8 anos para xestionar o polígono
Por Redacción |
-
Telmo Martín reclama ao catripartito xestionar o parque empresarial de Nantes
Por Redacción |
-
Telmo Martín oponse ao uso da Praza do Mar como aparcadoiro porque "imos saturar isto de coches"
Por Redacción |