Unha agrupación de Protección Civil para cinco concellos
Por Redacción
Os alcaldes de A Lama, Covelo, Fornelos de Montes, Mondariz e Mondariz-Balneario mantiveron este venres unha xuntaza co director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e técnicos da Xunta para analizar a posibilidade de crear unha agrupación de Protección Civil que dera servizo aos cinco concellos citados.
A xuntanza, que tivo lugar no consistorio da Lama, serviu para poñer de manifesto as necesidades que en materia de seguridade e protección civil presentan estes cinco concello situados no interior da provincia de Pontevedra e a moita distancia dos centros de intervención rápida de emerxencias.
Os alcaldes destacaronlas dificultades técnicas y administrativas que supoñía a posta en marcha deste servizo e avogaron por impulsar unha agrupación de voluntarios que tivera como eixo central de actuación os cinco concellos.
Pola súa banda o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, acolleu de moi bo grado a intención destes alcaldes de avanzar por este camiño. “Á hora de presentar propostas e acudir ás subvencións terían certo interese para a Xunta de Galicia polo feito de que provirían, estas peticións, de cinco concellos, o cal entraría dentro da vontade do goberno galego de impulsar proxectos comúns entre concellos”, manifestou Luis Menor.
Unha vez recollida toda a información ao respecto, os alcaldes asistentes a esta xuntanza estudiaran cos seus respectivos equipos de goberno e fixarán unha próxima reunión para seguir avanzando neste tema que foi cualificado de grande interese por tódolos asistentes ao encontro.
Relacionadas:
-
Quince voluntarios conforman a xestora da agrupación de Protección Civil Oitavén-Tea
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas propón unha agrupación conxunta de Protección Civil con Cotobade, A Lama, Soutomaior e Fornelos
Por Redacción |
-
Os alcaldes da Lama, Ponte Caldelas e Fornelos desligan o servizo de ambulancias do convenio con Protección Civil
Por Redacción |