Ponte Caldelas propón unha agrupación conxunta de Protección Civil con Cotobade, A Lama, Soutomaior e Fornelos
Por Redacción
Os alcaldes de Ponte Caldelas, Andrés Díaz e o de Soutomaior, Agustín Reguera, mantiveron este xoves unha xuntanza de traballo no Consistorio de Soutomaior na que o rexedor caldelano, propúxolle ao seu homólogo a creación dunha agrupación de voluntarios de Protección Civil.
A idea sería a cesión do material e medios dos que dispoñen non só estes dous concellos senón tamén poder chega a un acordo para incluír os de Cotobade, A Lama e Fornelos, pasando esta agrupación a ter como radio de acción os cinco municipios mencionados.
Os rexedores quedaron en estudar máis en profundidade tanto as posibilidades de colaboración nesta materia como o mecanismo legal que tería que establecerse para que esta agrupación.
EDAR DE COMBOA
Por outra banda, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, plantexoulle ao seu homólogo de Ponte Caldelas a necesidade de establecer un sistema de colaboración económica no sostemento dos custes de mantemento e funcionamento da estación de bombeo que impulsa as augas residuais de Silvoso e Aranza cara á estación depuradora pertencente á Xunta de Galicia, ubicada en Comboa.
Reguera sinalou que era unha necesidade xa exposta con anterioridade ao goberno local de Ponte Caldelas do que se solicitaba colaboración xa que o maior aporte do sistema de saneamento procede do lugar de Silvoso e, nembargante, é o de Soutomaior o que corre con tódolos gastos que, no caso das reparacións que se producen polo importante aporte de area que transportan as tubaxes do sumidoiro, xa que recibe gran cantidade de augas pluviais que arrastran elementos que provocan estas avarías, fan preciso da colaboración responsable de ámbolos dous concellos.
Andrés Díaz sinalou a intención do seu goberno de analizar polo miúdo esta circunstancia e incluír unha partida nos orzamentos municipais, que se comezarán a elaborar no mes de setembro, co fin de atender de xeito responsable unha cuestión que resulta urxente corrixir.