Bueu asfaltará catro camiños cunha subvención da Deputación
Por Redacción
O Concello de Bueu vai proceder nas vindeiras semanas ao asfaltado de catro camiños do municipio, en concreto no camiño de Meiro- A Portela, no de acceso ao cemiterio de Ermelo, no da zona de Cabalo e no de Sar de Cela.
Estas obras serán acometidas polo Concello tras unha baixa na obra de Rehabilitación de firme en camiños de Cela e Beluso con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos 2015, destinando o orzamento de 54.952 euros ás novas rehabilitacións, e de cuxa subvención se informou este luns ao Concello de Bueu.
Estas obras inclúen a limpeza de contornas e arranxos, que complementan aos xa feitos en Sabarigo, Cabalo e As Laxes.