A casa do pobo de Borela pasará a chamarse Casa Cultura Nélida Piñón
Por Redacción
A casa do pobo de Borela pasará a chamarse Casa Cultura Nélida Piñón segundo acordou a Comunidade de Montes.
Este domingo celebrouse a inauguración da reforma do inmoble, seguindo un proxecto de case 40.000 euros realizado pola empresa local, Oximora.
As melloras consistiron no cambio de cuberta, no revestimento da parede exterior, no pintado e eliminación de humidades internas e a colocación de dobre ventá no piso superior.
A propia Nélida Piñón asistiu a dito acto aproveitando a súa presenza estos días en Pontevedra. De Borela é oriunda a súa familia paterna e ela conserva con grandes lembranzas a súa estadía durante 3 anos cando era rapaza.
PARQUE INFANTIL
Por outra banda, o Concello de Cotobade informou que xa comezaron as obras do Parque Infantil de Pazos de Borela, o primeiro dos catro que o Concello ten previsto facer xunto a Vilanova, Caroi, e Viascón.
As obras foron financiadas polo Plan de Obras e Servizos da Deputación en 2015, cunha inversión de 37.300 euros.
Relacionadas:
-
A Casa Veciñal de Cutián, lista para o seu uso; a Casa Escola do Cádabo, case a punto
Por Redacción |
-
Cubela compromete a reforma da Casa do Emigrante para o 2016
Por Redacción |
-
Avanza a reforma integral da Casa Escola e a canalización de augas no Cádavo
Por Redacción |
-
Nélida Piñón, Jesús Castro e o compromiso coa cultura galega
Por Redacción |