Un vídeo en YouTube de Lourizán sen ENCE provoca un amplo debate
Por Oskar Viéitez
Imaxináronse algunha vez como podería ser a zona de Lourizán sen a presenza do complexo industrial de Ence, nin de Elnosa, nin a depuradora?
Se a súa imaxinación non dá para tanto, xa hai quen se encargou de materializar o seu proxecto. Trátase de Benito Montenegro, que deseñou nunha infografía a súa particular visión.
Este vídeo foi colgado en YouTube e nel inclúense propostas para as antigas marismas como instalar un Ikea, un Primark, un Acuapark, entre outras moitísimas ideas.
En tan só un día na rede, o vídeo logrou xa máis de 3.000 visionados.