Catro noites ao raso esperando a Pablo Alborán: "Ya estamos aquí, Pablo, vente, pásate a saludar"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Nerea e Miriam son fans de Pablo Alborán "desde que empezó". Cando en 2011 sacou o seu primeiro disco quedaron prendadas e, dende entón, del gústalles "todo", para elas, "es perfecto". "Di una cosa buena y él lo tiene. Sea lo que sea. Cómo canta, lo guapo que es, parece buena persona, parece tan cercano...", afirman entusiasmadas, cun sorriso na boca. Nelas o fenómeno fan cobra sentido. Son só dúas dos miles de seguidores que este venres 11 de setembro acudirán ao concerto do cantante malagueño no recinto exterior do Pazo da Cultura, pero elas poden presumir de algo que non ten ningún máis: foron as primeiras en chegar.
Veciñas de Vigo, chegaron sobre as 23.00 horas deste luns e xa non pensan moverse. Tras cambiarse ata tres veces de sitio nas primeiras horas de estanza, a súa tenda de campaña quedou instalada nunha zona axardinada do parque Rosalía de Castro e alí permanecerá ata que poidan moverse e situarse xusto diante da porta de acceso ao recinto e, nas horas previas á actuación, xusto diante do escenario. Estas mozas de 18 e 15 anos chegarán ao concerto con catro noites ao raso ás súas costas, pero non lles importa o esforzo. Saben que "los cinco días que vamos a estar aquí van a merecer la pena".
Nerea Andrade (18) xa estivo nun concerto no ano 2013 en Vigo. Para a súa amiga Miriam Sánchez (15) será a súa estrea. Dende que hai xa cinco meses compraron as entradas, ambas as dúas tiñan claro que a experiencia sería única e querían vivila ao máximo. Na actuación viguesa, Nerea chegou un par de días antes, "ya había mucha gente delante y no nos hizo gracia", por iso nesta ocasión decidiron ir antes e ser as primeiras en chegar. Pensaron:"no se nos va a colar aquí ni el club de fans ni nadie , vamos a estar allí en primera fila, viendo a Pablo desde el centro". E parece que o conseguirán, se ben se prevé que nas próximas horas desembarquen en Pontevedra unha vintena de membros do seu club de fans oficial.
Están a desexar que chegue o venres porque"en un concierto, si estás en primera fila, estás viéndolo, estás viviendo con él en el escenario" e, no fondo, para eles é un "sueño" xa estar preto del. Este martes, poucas horas despois de chegar a Pontevedra, xa colgaron en Twitter unha foto diante da súa tenda de campaña coa que pretenden "decirle: ya estamos aquí, Pablo, vente, pásate a saludar, márcate una canción, dinos hola" e, se teñen un pouco de sorte, "que nos cante algo, que nos toque (...) nosotras vamos a dónde él nos diga".
Matan as horas que faltan para poder velo pensando en como será o concerto. A canción favorita de Miriam é Recuérdame. A de Nerea, Éxtasis. Ambas as dúas confían en que as canten e nese momento terán pagado a pena as noites ao raso. No caso contrario, estarían lonxe do escenario e "no es lo mismo verlo desde atrás, que lo ves pequeñito, que verlo así. Dices tú: es que lo tienes, si extiende la mano, lo tocas... ".. "Voy a llorar muchísimo", vaticina Miriam.
Mentres están elas soas na cola están relaxadas, fan quendas para ir comprar a comida, entretéñense xogando cunha pelota nas inmediacións da tenda de campaña, xogan ás cartas, len un libro electrónico, pintan pancartas con cores rechamantes coas que pretenden "decirle que le queremos, que vuelva pronto a Galicia, que nos tiene un poco olvidadas". Xa cando cheguen máis seguidores saben que será máis complicado deixar o seu sitio e tan só farán pequenas escapadas para ir ao baño, comer e, o último día, achegarse a unha pensión para ducharse. Non estarán soas, este martes prevese que chegue a nai de Nerea, que "también es fan, pero hoy tenía que trabajar".
Relacionadas:
-
Pablo Alborán conquista aos seus fans pontevedreses
Por Diego Torrado |
-
Como se prepara un concerto como o de Pablo Alborán?
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Esperando a Pablo Alborán día 2 (agora con nai): "Así como lo vea, me da un yuyu y me caigo"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pablo Alborán, o "concerto do ano" en Pontevedra para o que se venderon xa 4.000 entradas
Por Alejandro Espiño |
-
Pablo Alborán inclúe Pontevedra na súa nova xira: actuará na cidade o 11 de setembro
Por Alejandro Espiño |