Santa María vive o seu día máis especial
Por Diego Torrado
A parroquia de Santa María viviu este sábado 15 de agosto o seu día grande cos actos na honra da Nosa Señora.
O máis concorrido deles foi a tradicional procesión dende a basílica, ao que acudiron un bo número de fieis que saíron do templo acompañando á imaxe da Virxe acompañados dun grupo de música tradicional.
Tamén a banda de música ofreceu unha peza aos asistentes á entrada do templo.
Ademais dos actos relixiosos o barrio gozou pola mañá de partidas simultáneas de xadrez como aperitivo dos xogos populares planeados para a tarde, aínda que a chuvia interrompeu a actividade, que se desenvolvía con normalidade malia a coincidencia coa celebración de peñas.
O dispositivo de seguridade anunciado polo Concello para facilitar a convivencia de ambas as dúas celebracións fíxose visible nos arredores do templo, despexado de peñistas.