O PP lamenta que o superávit municipal teña que ir destinado a pagar o primeiro prazo da débeda con Sogama
Por Redacción
A comisión especial de Contas que se desenvolveu este xoves centrouse en relación ao pagamento da cantidade que se adeuda a Sogama ante a petición de explicacións por parte do Partido Popular ao equipo de goberno para coñecer como se vai a afrontar a débeda de 4,7 millóns de euros coa empresa encargada da xestión de lixos. Segundo o concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González, o superávit de 2014 vaise destinar ao pagamento desta débeda. Os outros dous prazos pagaranse durante 2016 sen que teña repercusión no recibo do lixo.
A solución preocupa no Partido Popular, porque segundo manifestou o seu voceiro Jacobo Moreira, "será bastante complicado que se poidan acometer novas obras que non estean xa consignadas". Neste sentido, Raimundo González apunta a que quedarán seis millóns de remanente de tesouraría para asumir estes proxectos.
Moreira insiste en que Pontevedra terá que afrontar os intereses e a débeda a pesar de que "os veciños pagaron relixiosamente e quen non pagou foi o goberno de Fernández Lores". Neste sentido, os populares reclaman transparencia ao goberno local.
O concelleiro de Economía apuntou que na comisión deuse conta do presuposto de 2014 que alcanzou a cifra de 66 millóns de euros e coas modificacións ascendeu a 79 millóns. Ese presuposto liquidouse e houbo un remanente total de tesouraría de 11.400.000 euros, segundo informou Raimundo González.
A esta comisión non asistiron representantes de Marea Pontevedra nin de Ciudadanos.
Relacionadas:
-
Satisfacción en Sogama e o Concello ante o acordo que regula o pagamento da débeda
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Sogama condona máis de 500.000 euros para pechar o acordo con Pontevedra pola súa débeda
Por Alejandro Espiño |
-
O PSOE quere que o alcalde dea explicacións da súa reunión con Feijóo na xunta de voceiros
Por Oskar Viéitez |