O Grove estreará este luns a planta de gas natural licuado
Por Oskar Viéitez
Ás dez da mañá deste luns está prevista a inauguración da planta de gas natural licuado que a empresa Gas Natural Galicia construíu no municipio do Grove.
Esta infraestrutura foi construída no monte Zapateira, na parroquia de San Martiño, e está situada no Polígono 21, xusto na suba ao Siradella pola estrada provincial EP-9102.
Está anunciada a presenza neste acto de inauguración do director xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, Anxo Bernardo Tahoces; o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos Rico; e o director de distribución de gas da zona norte de Gas Natural Fenosa, Roberto Cámara.
A instalación está composta por un sistema de almacenamento; sistema de gasificación, regulación e odorización; sistema de caldeiras para auga quente; sistema eléctrico e control; e edificios e obra civil. Ten dous tanques horizontais de 120 metros cúbicos cada un deles, cunha capacidade de gasificación máxima de 3.000 metros cúbicos por hora