Masa Crítica e o PP dan conta dos problemas de convivencia que se producen na actualidade entre bicicletas e peóns
Por Redacción
Os concelleiros do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira e Tomás Abeigón, mantiveron unha xuntanza cos representantes do movemento Masa Crítica, que aboga pola defensa e promoción do uso da bicicleta.
Nesa reunión coincidiron na apreciación da existencia de problemas de convivencia que se producen na actualidade entre bicicletas e peóns polas beirarrúas da cidade. Tamén na necesidade de aprobar unha ordenanza municipal que actualice a normativa e regule e ordene cuestións como a entrega de mercancías a través de vehículos nas zonas peonís e tamén a circulación de bicicletas con carriño.
Outro dos puntos que se tratou na reunión foi a preocupación existente polo peche á circulación de bicicletas na PO-11, xa que logo a PO-546 carece da seguridade suficiente para os ciclistas.
Nese sentido, os membros de Masa Crítica expuxeron unha proposta de acondicionar un arcén nesa vía que permita que por él convivan os ciclistas cos automóviles e co tráfico pesado. Jacobo Moreira recolleu a idea e comprometeuse a analizala con detalle para ver as súas posibilidades, todo elo á marxe do proxecto de paseo que está anunciado polo Ministerio de Fomento e o de Medio Ambiente entre Pontevedra e Placeres, pois non se ten a certeza de que este último proxecto sexa utilizable por grupos numerosos de ciclistas que corren en pelotón.
O acondicionamento dunha senda verde entre Pontevedra e Pontesampaio aproveitando as vellas vías do tren ou as vías de servizo, foi outra das reivindicacións do colectivo, unha proposta que xa foi tratada por Jacobo Moreira en novembro de 2013 co secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, nunha reunión mantida na sede do Ministerio. Nese mesmo aspecto, tamén se falou da posibilidade de habilitar o antigo túnel do tren en Médico Ballina para o seu uso ciclista.
Relacionadas:
-
Reducir a velocidade a 50 km/h na PO-11 rebaixaría o risco de morte por impacto a un ciclista do 95 ao 45%
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
A Garda Civil incrementa a presencia do rádar na estrada vella de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Masa Crítica pide a ENCE que vixíe as condutas dos seus transportistas en relación cos ciclistas
Por Redacción |
-
Preocupación en Masa Crítica polo primeiro atropelo na estrada vella de Marín tras o peche aos ciclistas da PO-11
Por Redacción |