A Garda Civil incrementa a presencia do rádar na estrada vella de Marín
Por Oskar Viéitez
A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) informou que vai incrementar desde agora a presencia dos axentes da Garda Civil co radar móbil na PO-546, a estrada vella de Marín. Esta estrada vive un incremento do número de ciclistas dende a prohibición de paso para estes vehículos de dúas rodas pola PO-11, a mal chamada autovía de Marín.
Os axentes van a estar máis pendentes nesta estrada alternativa de que os condutores cumpran a distancia de separación lateral mínima de 1.5m nos adiantamentos a ciclistas. Así llo trasladaron este pasado luns ao colectivo Masa Crítica nunha reunión cos responsables do Subsector de Tráfico na que se falou da seguridade na PO-546.
Os ciclistas demandaron algunhas medidas coma a retirada da herba, grava, cristais e lixo que están na beiravía asfaltada, así coma a colocación de sinais que advirtan da presencia de ciclistas con a lenda de obriga de separación lateral de 1.5 metros o adiantar un ciclista. Tamén se pediu a reducción do límite de velocidade de 60 km/h por a 50 km/h na curva do Pazo de Lourizán.
Dende Masa Crítica consideran que con eses arranxos "non se soluciona a carencia de beiravías, o asfalto desfeito polo tráfico pesado, a falta de beirarrúas e as moitas deficiencias en todo o trazado pero supón unha mellora que se debería ter feito antes de pechar a PO-11 ó tráfico de ciclistas".
MONBUS
Co obxectivo de mellorar a seguridade do colectivo ciclista, Masa Crítica Pontevedra segue a ter reunións con empresas, institucións e partidos políticos. Ademáis da Garda Civil, hai uns días, o pasado venres 24, tiveron unha entrevista co xerente da empresa Monbus "para trasladarlle o perigo polo aumento do tránsito de ciclistas na PO-546".
Tamén aproveitaron para falar de transporte público e intermobilidade entre a bicicleta e o autobús. Na reunión chegaron a un acordo de colaboración para estudar nos próximos meses a posibilidade de que os ciclistas poidan levar a súa bicicleta nos autobuses de plataforma baixa e de poder reservar espacio a través da súa web para levar bicicletas na bodega para potenciar as rutas turísticas na costa.
SAÍDA POLA CIDADE
Este xoves 30, como ocorre cada último xoves de mes, Masa Crítica fará a habitual saída polas rúas da cidade de Pontevedra, á que invitan a todos os pontevedreses a participar coa súa bicicleta.
E tamén "recordarlle ós condutores que: ‘Non bloqueamos o tráfico, ¡Somos tráfico!’, e recordarlle ós ciclistas que o noso espacio é a calzada non as beirarrúas e ás institucións que teñen que mellorar as condicións de seguridade dos ciclistas".
A saída será ás 21:00 na praza da Peregrina e o percorrido polas rúas da cidade ten unha duración duns 45 minutos.
Relacionadas:
-
Reducir a velocidade a 50 km/h na PO-11 rebaixaría o risco de morte por impacto a un ciclista do 95 ao 45%
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Masa Crítica pide que a "autovía" de Marín se limite a 50 km/h. para que volvan circular os ciclistas
Por Redacción |
-
Masa Crítica e o PP dan conta dos problemas de convivencia que se producen na actualidade entre bicicletas e peóns
Por Redacción |
-
Masa Crítica pide a ENCE que vixíe as condutas dos seus transportistas en relación cos ciclistas
Por Redacción |
-
Preocupación en Masa Crítica polo primeiro atropelo na estrada vella de Marín tras o peche aos ciclistas da PO-11
Por Redacción |
-
A ‘autovía’ de Marín xa está pechada aos ciclistas
Por Diego Torrado |